Violencia de género

“Nin un paso atras” fai un chamamento á participar na concetración de hoxe

Ourense, 14 de xaneiro. A Plataforma Feminista de Ourense “Nin un Paso Atrás” fixo un chamamento colectivo para una masiva participación na concentración que se celebrará hoxe martes, día 15, ás 19 horas diante da Subdelegación do Goberno en Ourense.

ondacero.es

Ourense |

Plataforma Nen un paso atrás | onda cero

Só o 30% dos casos de violencia machista denúncianse en España e dun total das 1,2 millóns de denuncias presentadas entre 2009 e 2017, soamente 96 resultaron non reais, o que equivale a un 0,01%, segundo datos da Fiscalía Xeral do Estado.

A Lei Integral contra a Violencia de Xénero, foi aprobada por unanimidade de todos os grupos parlamentarios no 2004 e fixo de España o país máis adiantado en materia de protección ás mulleres. “Hoxe, amparándose en falacias, algúns puxeron a loita contra a violencia de xénero na diana, pretendendo reverter e neutralizar a lexislación da que se teñen dotado tamén moitas Comunidades Autónomas”, sinalan advertindo que “os dereitos das mulleres son intocables e non hai pacto posible cos que defenden nas institucións as pretensións dos violentos”.