Festividade "Fieis Defuntos"

Máis servizos de autobús e cemiterios abertos de 9:00 a 19:30 horas para a festividade de 'Fieis Defuntos'

Os vindeiros xoves 31 de outubro, venres 1 e sábado 2 de novembro haberá liñas especiais desde a Estación de Autobuses e o Vinteún cara ao cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no de San Francisco

Óscar Gómez

Ourense | 26.01.2021 15:52 (Publicado 28.10.2019 12:49)

bus urbano ourense
bus urbano ourense | onda cero ourense

O Concello de Ourense reforzará os servizos de cemiterios e as liñas de autobuses que conectan os mesmos para que a cidadanía poida achegarse a honrar os seus familiares na festividade de 'Fieis Defuntos'. Así, os camposantos municipais de San Francisco, As Caldas e de Santa Mariña permanecerán abertos ininterrompidamente todos os días -incluídos festivos- de 9:00 a 19:30 horas os días. Habitualmente, estas dependencias permanecen pechadas ao mediodía durante fines de semana e festivos.

O servizo de autobuses ampliará liñas e horarios con motivo desta festividade. O xoves 31 de outubro, venres 1 e sábado 2 de novembro haberá dúas liñas especiais desde a Estación de Autobuses e desde o Vinteún cara ao cemiterio de Santa Mariña, facendo parada tamén no de San Francisco.

Os horarios son os seguintes:

Especial 1

Especial 2

Vinteún (6ºInstituto)

Saídas:

10:20 h.

12:15 h.

14:45 h.

16:30 h.

Santa Mariña

Saídas:

11:30 h.

13:30 h.

15:30 h.

17:30 h.

Estación de buses

09:50 h.

11:30 h.

13:30 h.

15:30 h.

17:45 h.

Santa Mariña

10:30 h.

12:30 h.

14:30 h.

16:30 h.

18:30 h.

Ademais destas dúas liñas, o Concello tamén reforzará a liña 11 (Santa Mariña – Oira), que subirá até o camposanto ás 11:15 horas e ás 12:30 horas o vindeiro mércores 31 de outubro.

Servizos litúrxicos pola festividade de Fieis Defuntos: No Cemiterio de Santa Mariña, o 1 de novembro haberá misas ás 12:00 e ás 17:00 horas presididas polo bispo de Ourense; o 2 de novembro, misas ás 12:00 e ás 17:00 horas.

No cemiterio das Caldas, o 1 de novembro haberá misa ás 16:00 horas presidida polo bispo de Ourense. No de San Francisco, a misa presidida polo bispo será o 1 de novembro ás 17:30 horas.