Ourense Cidade

Jácome solo e Ourense ingobernable

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome está aillado con un único edil dos 27 da corporación do seu lado.

Óscar Gómez

Ourense | 09.09.2020 08:24

El PP rompe el pacto con Democracia Ourensana
El PP rompe el pacto con Democracia Ourensana | El correo gallego

A situación semella insostible. El mesmo onte desencadenaba a tormenta comezando por cesar ós edís Miguel Caride e Manuel Álvarez, e asumindo as competencias en infraestructuras e xustificando a decisión por perda de confianza, indiscipliña e falla de disposición para buscar solución>.

Non tardaron un par de horas en comparecer os 7 edís do PP, encabezados por Xesús Vázquez, para anunciar que deixan en suspenso o pacto de goberno –deixando a porta aberta- mentres o Alcalde non ofreza explicacións sobre o que está a ocorrir no seu partido e que está a afectar ó normal funcionamento do Concello. Unha intervención a de Vázquez que rematou en bágoas.

Tomaron o testemuño do PP os edís críticos de Democracia Orensana, anunciando no mesmo salón de sesións do Concello que renuncian ás suas competencias quenes non foran cesadas nas mesmas, desencadenándose as preguntas sobre o futuro da cidade e a sua gobernabilidade ó quedar o Alcalde con un único edil ó seu carón, dos 27 da corporación.

Levou a voz o líder dos críticos; Miguel Caride; quen non tivo reparos en sinalar que calquera edil da corporación e de calquera partido, pode ser Alcalde por que calquera será máis que o actual. Inmediatamente fluiron as opinións tanto dende Ourense como dende a capital de Galicia, dende onde o socialista Gonzalo Caballero, responsabilizou ó propio presidente da Xunta, Nuñez Feijoo, dun pacto que acabou sendo letal. Tamén o líder dos socialistas ourensáns, Rafael Villarino, ofreceu un goberno con Ciudadanos e BNG, pero sen PP nin Democracia Orensana.

Dende o PP de Galicia, Alfonso Rueda voltou a insistir en que no seu día ofreceron os socialistas a posibilidade de que gobernase a lista máis votada; acordo no que voltan a insistir (pero non solo para Ourense).

Dende o BNG, a sua voceira nacional, Ana Pontón tamén responsabiliza do que está a ocorrir a Nuñez Feijoo e piden a PP e Democracia Orensana que se poñan a un lado para facilitar outras alternativas de gobernar. Neste senso, insistíu o voceiro municipal do BNG, Luis Seara, pedindo que deixen gobernar á esquerda.

No punto de mira está tamén Ciudadanos, para quen a solución pasa en cambio por que se entendan PP e PSOE, por que en caso contario non habería 14 votos para que prospere unha moción de censura.En calquera caso, para o voceiro da formación laranxa, o máis probable, de momento, é que o Alcalde se atrincheire e poña un muro.