Ourense Cidade

Foro Liceo urxe "orzamentos" e "planificación urbanística"

Os 14 colectivos que forman parte do denominado “Foro do Liceo” reclaman ao conxunto dos políticos do Concello de Ourense que cheguen a un "consenso" para rematar ca "paralización" que sofre a cidade

ondacero.es

Ourense | 05.02.2019 12:43

Foro Liceo Ourense
Foro Liceo Ourense | onda cero

Este movemento social no que se integran dende comerciantes ate médicos ou arquitectos, elaborou un documento no que amosa a sua "preocupación" pola falta duns orzamentos no concello e pola falta de entemento sobre o plan de urbanismo.

Dende o foro reclaman que non se faga un uso "partidista" do PXOM e que o planeamento que foi aprobado inicialmente en 2014 se leve a pleno facendo tamén unha nova exposición.

O foro do Liceo denuncia que Ourense está perdendo atractivo para a inversión e que o concello padece unha "parálise funcional" dende hai anos e un "exceso de burocracia". Por iso reclaman máis "fluidez" admnistrativa , se é preciso modificando as ordenanzas e facendo cambios na xestión do persoal.

O Foro Liceo lembra que o Concello de Ourense ten un superavit de 70 millóns de euros polo que posúe capacidade inversora para facer melloras na cidade. Sen embargo preocúpalles que careza dun orzamento dende 2014 e que haxa retrasos nos pagos a proveedores. Tamén consideran que o goberno municipal semella estar dándolle "prioridade ao urxente pero non ao importante" anque as críticas do colectivo non se centran só no goberno senon tamén na oposición.

O Foro do Liceo defínese coma "apartidista" e expresa o seu desexo de "non politizarse" e de facer "propostas en positivo" tendo en conta a falta de iniciativa que detectan en xeral na sociedade civil ourensá. O foro traballará próximamente nun documento de diagnose e propostas da situación sanitaria e tamén das infraestructuras ademáis de avaliar o funcionamento da Deputación. Namentres agarda que quede coma quede a corporación á volta das eleccións municipais sexan capaces de chegar a “acordos”.