CCOO está na loita diaria pola igualdade real entre mulleres e homes, tanto no ámbito laboral, coma no ámbito social e consideramos que non se pode pór en cuestión os avances, que en materia de igualdade se levan producido nos últimos anos, como están a propór algunhas formacións políticas. A secretaría da muller de CCOO-Ourense, Patricia Carid, entende que aínda falta moito camiño que percorrer para conquerir unha igualdade real entre mulleres e homes. “O que se leva avanzado en materia de igualdade e de protección da muller aínda é insuficiente, como se leva demostrado, pero foi froito dunha longa loita de decadas, polo que non podemos consentir retrocesos nestas materias, nas que, como dicimos, aínda queda moito por avanzar”. Patricia Carid lembra que esta é unha loita de todas e todos e por eso, “como sempre fixemos, apoiaremos e participaremos en todas as mobilizacións que en materia de igualdade se convoquen”. Para rematar, “reiteramos o noso apoio á concentración convocada para o martes 15 de xaneiro e facemos un chamamento á nosa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a participar nela e en todas as que se convoquen en defensa da igualdade entre mulleres e homes”.