Medioambiente

Abandono total por parte do Concello de Porqueira de difertentes puntos da localidade

Os socialistas critican o estado no que se atopa Porqueira con estradas destrozadas, sendeiros abandonados totalmente e contaminación medio ambiental do río e dunha zona convertida en vertedoiro

ondacero.es

Ourense |

Concello de porqueira | Concello de porqueira

O PSdeG-PSOE de Porqueira denuncia publicamente o abandono total e sistemático por parte da alcaldesa do PP, Susana Vázquez, no concello. Os socialistas destacan os problemas cotiás cos que se atopan os veciños e as veciñas do municipio cada vez que saen as rúas e tamén os diferentes problemas medio ambientais que están causando estragos na flora e fauna desta localidade de A Limia. Os problemas son continuos e afectan por igual a diferentes puntos do municipio. Sen ir máis lonxe, a famosa torre de Porqueira, un dos puntos patrimoniais máis importantes da vila sofre problemas de acceso cunha estrada totalmente destrozada e chea de buracos, que dificultan o tránsito de vehículos. A elo súmase a presenza dun vertedoiro improvisado no alto da praza da Torre, onde o lixo acumúlase dende fai tempo sen que dende o concello fagan nada por recollelo e cas consecuencias medio ambientais que produce no ecosistema e na paisaxe. Un dos recunchos máis importantes do concello, dende o punto de vista histórico, presenta severos problemas. A candidata socialista, Lucía Salgado, denuncia tamén problemas noutras estradas. “Ademais dos accesos a torre de Porqueira, que están totalmente destrozados, temos tamén problemas na estrada do Lagar da Torre, que tamén presenta numerosos buracos, así como na entrada a diferentes núcleos poboacionais como o de San Lorenzo, na que a estrada está deteriorada e a maleza invade a mesma, mentres a alcaldesa fai oídos xordos os problemas da veciñanza”, e apunta “tamén acontece o mesmo en Fontemoura onde a estrada e as beirarrúas están rotas e sen arranxar dende fai anos”. Pero non acaban aí as denuncias dos socialistas que tamén critican outros problemas coma o regato da Forxa, no que alguén construíu un acceso o mesmo dende un pozo negro, que non deixa de verter residuos constantemente as augas deste regato, cos problemas medio ambientais que está a causar.

“Problemas de medio ambiente que tamén atopamos un estanque de regadío cheo de borralla e que leva tamén anos sen limpar, aínda que o máis grave son os vertidos do pozo negro o regato da Forxa, xa que o proceso é continuo e diario”. Os socialistas tamén critican o estado no que ase atopan outros puntos importantes do municipio. “a depuradora de auga da forxa tamén presenta unha situación de abandono e perde auga a causa dunha arqueta levantada e que non se arranxa, o que ocasiona un importante problema nun concello no que no verán hai problemas co sustento de auga, sinala Lucía Salgado. Contadores abandonados e destrozados na Filgueira, depósitos de auga sen limpar, casas abandonadas, sendeiros intransitables ou colchóns tirados no medio das estradas, son algúns dos problemas que tamén denuncian os socialistas. “A alcaldesa danlle igual os seus veciños, non pensa neles, nin no patrimonio, as paisaxes e a natureza da que goza Porqueira”, indica a nova voceira socialista. Os socialistas non comprenden como unha alcaldesa que cobra 2.000 euros brutos mensuais por unha dedicación parcial, non sexa capaz de dar resposta a unha veciñanza que vive diariamente nas súas carnes os problemas que constantes das aldeas. “Porqueira merece algo mellor e ímosllo a dar”.