con Marta Rodríguez

Noticias Mediodía Galicia 24/09/2018

Novembro é a data previsible para que se discuta no Congreso a petición unánime do Parlamento de Galicia para que o Estado transfira a Galicia a Autopista do Atlántico, a AP-9. A petición que se tramita é a de 2016 na que se pedía tamén que sexa o Estado quen faga fronte a un posible rescate da autoestrada. Hoxe o portavoz socialista na cámara galega , Xoaquin Fernandez Leiceaga lembraba que o Parlamento se "autoenmendou" con dúas peticións máis en 2017 e 2018, nelas non se fala de rescate a conta do diñeiro do Goberno, nestos momentos socialista. Por iso decía hoxe Fernández Leiceaga que eles o que apoian é que se transfira e depois sexa a Comisión Mixta quen fale de financiamento da transferencia. O partido Popular, aproveita o apuro do Goberno de Sánchez para decir que si hai vontade e tanto o executivo central como o autonómico queren a tranferencia poden xa iniciarse as negociacións, independentemente do que se debata no Congreso.

ondacero.es

|