Noticias Mediodía Galicia 23/10/2018
Dous cargos da Xunta de Ourense terán que declarar como investigados ante un xuiz por un presunto acoso inmobiliario. O fiscal xefe de Ourense acusa á secretaria xeral técnica e de Patrimonio e o subdirector de Patrimonio, da Conselleria de Facenda de presionar a dous inquilinos de avanzada idade para que despexaran as súas vivendas non sustituindolle o alumeado e non realizando o mantemento do ascensor. Primeiro intentaron o desafiuzamento destas dúas persoas, que pagan 25 e 74 euros polos seus alugueres. Pero obtiveron un non rotundo do Xulgado de Primeira Instancia Número 2 de Ourense e da Audiencia Provincial de Ourense a súa petición de desafiuzamento. Agora fiscal acusaos de presionar os inquilinos para que se marcharan e o xuiz chamaos a declarar como investigados. Tanto o conselleiro de Facenda, Valeriano Martinez como o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo mostraron o seu respaldo os dous altos cargos da administración autonómica en Ourense.