Noticias Mediodía Galicia 11/09/2018
Haberá comisión de investigación na Cámara autonómica sobre o Marisquiño, ante a negativa de Abel Caballero de explicarse no concello de Vigo. Nesta votación e neste debate escenificabase na Cámara a soidade do Partido Socialista. Abel Losada quedaba só na defensa do Alcalde de Vigo. Unha comisión de investigación pedida por BNG e En Marea que se crea gracias a abstención do Partido Popular. No outro polo, chegaba o dictamen da comisión de estudo sobre os incendios forestais. 123 medidas para reorientar a política forestal da Xunta que contou, nesta ocasión, co beneplácito do PSOE. Xaquin Fernández Leiceaga defendía este dictamen asegurando que era unha oportunidade. Un voto do PSOE co PP que desatou os ataques, dialécticos, de En Marea e o BNG cara os socialistas. As eleccións municipais condicionan, sen dúbida, o inicio deste curso político.