Noticias Mediodía Galicia 02/10/2018
Guerra de secretarios xerais en Podemos. Pablo Iglesias, o líder do partido en España, e Carmen Santos, ata agora a líder en Galicia, apoian opcións distintas para a organización nesta Comunidade. Carolina Bescansa, a compostelán cuio obxetivo político sempre estivo en Madrid, dí que sí. Que acepta o reclamo de Carmen Santos e optará a ser a secretaria xeral. Bescansa foi relegada a última fila dos escanos de Podemos no Congreso. A compostelán pode que vexa nesta a súa oportunidade de sair do ostracismo político ao que foi sometida. Terá enfrente a outro deputado. A Gómez Reino que é a opción que para esta comunidade quere Pablo Iglesias. O deputado Gómez Reino foi asinante da Marea Atlántica que levou a Ferreiro á alcaldía da Coruña. Formou parte, a súa vez, da candidatura e do equipo de Breogán Rioboo. Lembran quen é? Foi secretario xeral de Podemos en Galicia e acabou sendo destituido por Pablo Iglesias quen impuxo unha xestora . Foi aquí onde Gómez Reino demostrou a lealdade a Iglesias. Parece que chegou o momento de corresponder.