Abrimos programa conversando co director do Colexio dos Escolapios, teñen duas aulas pechadas e cinco alumnos positivos. Repasamos tamén a situación noutros centros. Conversamos co presidente da Asociación de Casas de Turismo Rural da Ribeira Sacra e co presidente da Apehl, que seguen reclamando axudas para os citados sectores afectados polas restriccións de mobilidade. Co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal falamos de novos montes veciñais que entran a formar parte do rexistro da Xunta.