Monforte na Onda 20/04/2018
Abrimos conversando con investigador Manuel Gago que participa este sábado en A Pobra do Brollón da xornada divulgativa sobre a guerrilla e a batalla de Repil. Con Martín Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra Courel, falamos da xornada de educación ambiental que hoxe teñen no Courel con máis de 200 rapaces. Entrevistamos á voceira nacional do BNG, Ana Pontón, hoxe en Monforte para reunirse con traballadores do sector ferroviario e do hospital comarcal. Maria Torres, da compañía de teatro Elefante Elegante fálanos da representación teatral que traen este domingo a Monforte. Entre outros asuntos falamos tamén da situación económica do concello de Monforte.