Monforte na Onda 16/01/2018

Monforte na Onda 16/01/2018

Este martes abrimos programa conversando co profesor Xurxo Ayán Vila, director do proxecto de escavacións que se realizan no Castro de San Lourenzo, para facer balance da campaña levada a cabo este inverno. Co secretario de acción sindical de CCCOO na provincia de Lugo, Mario Docasar, repasamos a última estadística de afectados de silicose nestas terras do sur. En vésperas de que se inaugure Fitur, falamos con Xavier Almuiña, presidente da Asociación de Turismo Ribeira Sacra Rural e repasamos actividade do IES Río Cabe con Manuel Sánchez, director deste Instituto, que mandou a catro alumn@s e unha profesora ás Olimpiadas de Bioloxía.

ondacero.es

|