Monforte na Onda 11/09/2018
A Adega Algueira empezou hoxe a vendima na D.O. Ribeira Sacra. Falamos co adegueiro, Fernando González. Coa alcaldesa do Courel, Dolores Castro, repasamos o proxecto de aproveitamento de soutos que teñen en marcha. O Museo Pazo de Tor está entre os mellor valorados de Galicia e desto falamos coa coordinadora do mesmo, con Encarna Lago. O traballador social de Afamon Monforte, Manuel Carballedo, repasa actividades que preparan para conmemorar o Día do Alzheimer e entrevistamos a "Peruchela" responsable dunha interesante exposición de gran valor etnográfico que se pode ver na Casa da Cultura "Poeta Lois Pereiro" do Concello de Monforte de Lemos.