Monforte na Onda 09/09/2019
Abrimos programa repasando novas do sector vitícola con Alfonso Losada. Con Mario Crecente e Isabel Aguirre falamos do Seminario sobre o Camiño de Inverno celebrado en terras soberinas e entre outros asuntos falamos tamén con Teresa Grau e Vitoria Rodríguez dun grupo de terapia para pacientes oncolóxicos que retoma actividade este martes en Monforte.