Monforte na Onda 09/02/2018
Abrimos programa conversando con Eva Ferreira, directora da Escola Municipal de Teatro do concello de Sober seleccionada para o programa Dramaturxia do CDG. Con Verónica Contreras do Club Ribeira Sacra de Voleibol falamos das xogadoras seleccionadas pola Federación Galega. Entrevistamos ao cociñeiro Carlos González que levará a cociña da Ribeira Sacra a Ecuador. Con Lucas Vázquez, do colectivo Segredos de Pantón, repasamos acto que teñen preparado para esta tarde en defensa do bosque autóctono. Entre outros asuntos, co técnico de deportes do concello de Monforte, Oscar Rodríguez, falamos da carreira popular que se prepara para o 29 de abril.