Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 21/11/2022

Programa completo do 21/11/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 21.11.2022 14:15

Abrimos programa conversando con Enrique Sampil, presidente do Círculo Cultural Recreativo do Saviñao que presenta este mércores un novo libro, e van catro, de "Circular polo Saviñao". Con Martin Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra Courel falamos da Rede de Cruceiros Marítimos e Fluviais que de ámbito nacional, vén de ser presentada na Ribeira Sacra, sendo este grupo un dos socios fundadores. Crece o presuposto do concello de Monforte máis dun 3% e supera os 15 millóns de euros. Resumimos o que dan de sí as contas que serán presentadas a pleno o día 28. Repasamos actividades organizadas polo concello de Monforte para conmemorar o 25N e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén coa responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto Florines tras celebrar os 40 anos do nacionalismo na zona sur de Lugo con distincións para "históricos" deste partido na zona.