Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/12/2020

Programa completo 28/12/2020

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Hoxe celébrase en Monforte o último pleno do ano. Abrimos programa conversando coa voceira do PP Kati Varela que repasa iniciativas que levan ao mesmo. Bota a andar un obradoiro de emprego compartido entre os concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón e O Incio. Formarán a unha vintena de persoas no ámbito da silvicultura. Falamos da iniciativa co alcalde de O Incio Héctor Corujo. E no Courel píden que se manteña o transporte escolar como se vén prestando ata o de agora. Que sexan os taxistas do concello os que se e encarguen do mesmo e non microbuses como pretende a Consellería a partir do próximo curso. Explica os motivos Lourdes González, directora do colexio do Courel. Son algúns dos asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa de hoxe.