MÁS DE UNO MONFORTE 26/11/2020
Programa completo 26/11/2020
Monforte de Lemos |
Primeiro día sen peche perimetral en Monforte, xa non hai restriccións para entrar e saír deste concello. Despois de tres semanas pechados, abren de novo as súas portas bares e restaurantes. Esta situación permite máis aforo na representación teatral programada hoxe no Multiusos, falamos dela coa actriz Patricia Vázquez. Conversamos tamén con Jordi Trasserras é o vicepresidente de ICOMOS España que participará no Foro Territorios Patrimonio que se vai celebrar en Sober a partir de mañá. O Saviñao prenderá o alumeado de Nadal o día 2 e prepara actividades que repasamos coa concelleira de cultura Beatriz Rois. Falamos dos orzamentos do concello de Monforte para os que anuncia xa o PP voto encontra e como cada xoves, abrimos programa repasando historia local co investigador Felipe Aira, hoxe fálanos dunha histórica edificación que se está rehabilitando en fronte a Praza do Concello.