Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/10/2022

Programa completo do 21/10/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 21.10.2022 14:20

Abrimos programa falando de libros, os que presenta no Ateneo Casino de Monforte este venres o poeta e escritor do Courel Xesús Alfonso Parada Jato. A D.O Ribeira Sacra, súmase este sábado á celebración do Movemento Viño D.O. Brinde colectivo e simultáneo nunha trintena de Denominacións. Un acto reivindicativo do que falamos con José Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador. Por segundo ano consecutivo o concello de Sober recibe Bandeira Verde ás boas prácticas medio ambientais nun acto que preside este venres na capitalidade soberina a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Que representa para eles este recoñecemento é o que lle preguntamos ao alcalde Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos falamos tamén do novo Parque do Barrio do Hospital que hoxe inaugura o alcalde monfortino José Tomé que califica o día de histórico para os veciños do citado entorno.