Monforte de Lemos |
Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, ademáis do técnico Alfonso Losada, conversamos tamén con Antonio Anglada de Adegas Vilachá que ven de recibir dous premios na Cata de Viños de Galicia. Aprobado o Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Monforte, da importancia do mesmo e dos trámites seguidos para a súa elaboración, falamos co alcalde José Tomé Roca. O GDR Ribeira Sacra - Caurel pon en marcha un proxecto piloto para mellorar a imaxe de marca de pequenas empresas do ámbito rural, danos máis información o xerente do grupo Martín Alemparte. E volve ao Dakar o piloto monfortino Eduardo Iglesias, cóntanos como se prepara para esta nova aventura.