Abrimos programa recuperando o espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao Centro de Fisioterapia Ultreia. Conversamos co seu responsable Francisco Romero. E o IES A PINGUELA será o único de Galicia que impartirá neste curso un ciclo de calzado e complementos. Falamos del co director deste centro Enrique Sampil co que repasamos tamén obras que se realizan no citado Instituto. Entre outros asuntos falamos tamén co ex-político Víctor Vázquez Portomeñe da novela que ven de publicar "Brianda de Moás".