No programa de hoxe coñecemos o protocolo que segue o persoal sanitario para facer o seguemento dos positivos por Covid que son atendidos en domicilio. Falamos desto co coordinador de enfermería do Centro de Saúde de Monforte, Pedro Sancosmed. E preocupa en Pantón o positivo dunha traballadora do servizo de axuda no fogar. Repasamos a última hora conversando co alcalde José Luis Álvarez. Escoitamos tamén a valoración que fai da situación a voceira do BNG Rosana Prieto. Familiares de usuarios da residencia do Domus Vi de Monforte solicitan que se faga cribado na mesma. Cóntanolo Carmen Rodríguez. Entre outros asuntos, conversamos con Paula Vázquez Verao, voceira de Agroma Sober que presenta o documento que entregaron no concello con recomendacións para o inicio do curso escolar.