MÁS DE UNO MONFORTE 26/11/2019
Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos do traballo dos enólogos con Alfonso Losada e Luis Buitrón, presidente de AGE. Do pacto dos alcaldes polo clima e da xornada de traballo que teñen en Sober, falamos coa subdirectora Xeral de Metereoloxía e Cambio Climático, María Luz Macho. Falamos co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez da proposta feita por un grupo de veciños para que a Fundación San Rosendo construa unha residencia en Ferreira. Entre outros asuntos, entrevistamos ao cociñeiro Carlos González que prepara para este domingo unha curiosa experiencia con varios cociñeiros do interior galego.