Vendimas en tempos de covid-19. Hoxe falamos desto no espazo adicado ao sector vitícola. Conversamos con Martin Mantilla que hoxe abre en Sober Berso. Entrevistamos a Roberto Eireos un dos empresarios do ocio nocturno que tivo que pechar por mor da nova normativa. Falamos tamén co director monfortino Dani de la Torre que comeza este mércores a rodar na zona a súa próxima película. Entre outros asuntos, rematamos programa conversando con Carmen Martínez, Directora Xeral de Patrimonio Cultural que visitaba hoxe as pinturas rehabilitadas na Igrexa de Pinol.