MÁS DE UNO MONFORTE 17/06/2020
Abrimos co espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao Restaurante Merenzao. Falamos co seu responsable Carlos J. González. Coa historiadora Tamara Fernández falamos dun estudo que vén de realizar sobre a gripe de 1918 e paralelismos coa actual pandemia da Covid19. Co vice presidente da Asoc. de Veciños de O Saviñao, Manuel Sarmiento, repasamos propostas que presentaron no concello en relación á produción de aceite nesta zona sur de Lugo. Entre outros asuntos falamos tamén da piscina do Clube Fluvial que abriu xa este luns pero á que este verán so poderán acceder os socios.