MÁS DE UNO MONFORTE 11/12/2019
Éxito sen precedentes para unha empresa de Taboada á que hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa". De estar a piques de pechar a conseguir máis de 50 mil clientes. Falamos co administrador de "Comercial Mida" Diego Villar. Coa secretaria xeral da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez, falamos do centro de continuidade que para alumn@s do C. Infanta Elena empezará a funcionar no primeiro trimestre do próximo ano. Co escritor Xosé Lois García falamos do libro que hoxe presenta en Sober e atendemos tamén, entre outros asuntos, á presentación das obras de mellora dos accesos a Tor desde Seoane que hoxe presentou o presidente da Deputación de Lugo.