MÁS DE UNO MONFORTE 03/02/2020
Mantense a tradición do San Brais en Monforte con moita participación. Falamos dela co párroco Rafael Mella Vázquez. Por primeira vez na historia os actos foron na Igrexa da Régoa por estar en obras San Vicente, así que aproveitamos para preguntar como van as mesmas a César Carnero, responsable de Patrimonio da Diócese de Lugo. E o San Brais tiña tamén moita tradición en Cereixa, no concello de A Pobra do Brollón, repasámola do arqueólogo Xurxo Ayán. E hoxe estrena Monforte novo servizo de bus urbano gratuito. Preguntamos sobre o mesmo a Pilar Sánchez, responsable da empresa adxudicataria. Falamos tamén co alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián, dos orzamentos que veñen de aprobar para este 2020. Entre outros asuntos, repasamos resultados do ámbito deportivo, como as medallas de ouro que o Neka trouxo de Torrelavega.