Gente Viajera de Galicia 20/11/2020
Programa completo de Gente Viajera de Galicia con Susana Pedreira.
Comezamos a viaxe repasando a actualidade e seguindo os pasos dos viños da DO Rías Baixas no mercado exterior. Na entrevista viaxeira convidamos á Sociedade Galega de Historia Natural para visitar a Veiga de Gomareite e coñecer o traballo de recuperación que están acometendo co apoio do proxecto "Libera". Incorporamos un novo destino ao mapa de Javier Arnau para volver viaxar fóra de Galicia: Amsterdam é a cidade escollida este mes de novembro. Ademais, completamos o programa cunha nova ruta turística que o touroperador Interrías vai comercializar en axencias de viaxe de toda España: "Galicia, the celtic motherland". Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar o último programa viaxeiro.