Día das Letras Galegas 2024

Comezan os actos de homenaxe a Luísa Villalta ca presentación da Primavera das Letras

É a páxina web con contidos para a xente miúda que se deu a coñecer hoxe en Sada, onde a autora coruñesa deu clase desde 1991 ata o seu pasamento prematuro en 2004.

Pilar Ozores

A Coruña | 27.02.2024 15:03

Comezan os actos de celebración do Día das Letras adicado este ano á autora coruñesa Luísa Villalta. En Sada, a localidade na que a autora deu clase ata a súa morte prematura en 2004, presentouse esta mañá a Primavera das Letras, a páxina web da Real Academia Galega con contidos para achegar a súa figura aos máis pequenos. Ademais, ten recursos para promover o uso do galego durante todo o ano.

En Galicia en la Onda falamos con Fina Casalderrey, a académica que coordina este proxecto.