Temas

Castelao

A última e marchamos

Anxo Cabada e a fotografía a lume manso

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista ao fotógrafo estradense Anxo Cabada. Percorremos con el a mostra "Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega" que ata o 15 de xaneiro permanece no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 17/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Caldas de Reis, Manuel González. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar con Anxo Cabada, fotógrafo estradense que ata o 15 de xaneiro expón no Museo de Pontevedra a mostra "Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega".

Cita a cegas no Museo

A conexión entre Castelao e Goya no Museo de Pontevedra

Hoxe adentrámonos no edificio Castelao guiados por Ángeles Tilve, conservadora e responsable da área de Coleccións do Museo de Pontevedra. Durante a visita descubrimos que é imposible cuantificar o número de pezas que alberga o museo e que os propios traballadores se sorprenden todos os días porque sempre atopan algo novo. Sen dúbida, Castelao é unha figura imprescindible e hoxe coñecemos mellor a súa colección, con especial protagonismo para o “Álbum Nós”. Ademais, Ángeles Tilve explicounos que grazas a Castelao o Museo é unha das poucas institucións do Estado que conta nas súas coleccions coas catro series gravadas de Goya.

A deputación adquire as 49 láminas por 650.000 euros

O Álbum Nós de Castelao incorpórase ao Museo de Pontevedra

Formalizada a adquisición do Álbum Nós de Daniel Alfonso Castelao. A Deputación de Pontevedra asinou o acordo para facerse con esta obra, consistente en 49 láminas e un autoretrato, e que suporá un desembolso de 650.000 euros. Ata o momento, a familia Domínguez Lino era a propietaria pola estreita relación persoal con Castelao.

Así o contaba Quique Domínguez.

CON LARA VIVERO

Más de uno A Coruña 02/03/2020

Entrevistamos a Juan Díaz Villoslada, concejal de Urbanismo de A Coruña, entorno al parque del Agra y a la nueva ordenanza de rehabilitación. Descubrimos Sensolor en Haciendo Empresa y también hablamos de Castelao con el historiador Miguel Anxo Seixas. También conectamos con el refugio de Apadán. Al final la actualidad de Luis Llera y la del deporte con Alberto Gómez Barros.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-02-2017)

A actualidade da semana e unha pequena viaxe pola Pontevedra de Castelao abren o programa deste venres na que estreamos guía: Ana Otero estará con nós cada inicio de mes para coñecer os hábitos turísticos e os destinos máis recomendables. Este venres os hábitos de febreiro con "Xantar", o Cocido e o Entroido son os protagonistas, ademais de visitar Colonia en Alemania. No tempo da entrevista viaxamos polo mundo guiados por Xurxo Fernandes do grupo RADIO COS. E para descansar escollemos o Mosteiro de Aciveiro en Forcarei