Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

ÚLTIMOS AUDIOS

Onda Cero Pontevedra

Dina Mita 23-09-2015

Escoita aquí a audieta desta semana

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 23-09-2015

A reunión dos traballadores de Elnosa co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, centra a nosa atención no inicio de programa. Estreamos sección con Raquel Pedrouso que cada quince días será a nosa "coach" para aprender a xerar oportunidades laborais. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as novidades da semana. E no tempo que cada mércores dedicamos a falar de cooperación e solidariedade damos voz á Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO)

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 22-09-2015

As novidades na Operación Patos e o pleno da corporación municipal centran a nosa atención no incio do programa. Escoitamos ao presidente do comité de empresa de Ence, Pedro Soto, ás portas do Teatro Principal e, no tempo do almorzo informativo conversamos co portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira. Seguimos ampliando as nosas bibliotecas con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia con Susana Pedreira 18-09-2015

Estreamos nova temporada de Gente Viajera de Galicia repasando a actualidade da semana en materia turística. Inauguramos o espazo de entrevistas cun galego viaxeiro que chega a millóns de persoas en todo o mundo a través das traduccións dos seus libros: Manel Loureiro acaba de publicar "Fulgor" e visitou o noso programa. Viaxamos por Galicia coa nosa "Guía 4x4" buscando resposta ás preguntas de todo viaxeiro: Que visitar?, onde durmir?, onde comer? e que facer?

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 21-09-2015

Os nomes propios do días son o da ministra Ana Pastor de visita e inauguración en Pontevedra e o de Javi Gómez Noya, cinco veces campión do mundo! Ademais, este luns 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer e del falamos coa xerontóloga pontevedresa Lucía Saborido. Falamos de emprendemento co director da Pont-Up Store que mañá comeza na cidade e recuperamos a voz de Carlos Pereiro nunha nova edición de Cántamo en galego

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 18-09-2015

Os contidos do pleno municipal de Pontevedra centran a nosa atención no inicio do programa xunto co repaso pola actualidade que nos deixa a semana. Recuperamos a voz de Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS. E, como cada venres, marcamos unha completa AXENDA cultural, de ocio e festiva para disfrutar da fin de semana. Feliz venres!!

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 17-09-2015

As novidades na crise do sector lácteo co desbloqueo ante as industrias centran a nosa atención no inicio do programa xunto co repaso polas noticias do día no ámbito comarcal. Saimos de paseo co alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, pechando unha nova temporada de paseos que serviu para analizar a actividade das diferentes concellerías e repasar a actualidade cos seus responsables. E estreamos sección: "Ponte Calidade" para dar protagonismo aos nosos produtores locais, artesáns, empresarios... que contribuen á economía pontevedresa poñendo no mercado produtos de calidade