Termatalia
19/09/2019 13:03
A aplicación “Auga de Galicia”, para smartphones e en galego
O Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia participa esta semana en Ourense en Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar. O Clúster, que conta cun stand na feira, presentou a aplicación en galego para smartphones “Auga de Galicia”, desenvolta en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.




