Temas

Sober

ONDA CERO GALICIA

Gente Viajera de Galicia 06/11/2020

Queremos seguir sendo altavoz para tod@s os profesionais do sector turítico e pese as novas restricións de mobilidade, a radio viaxeira continúa con Susana Pedreira en Gente Viajera de Galicia.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (29-03-2019)

Esta semana viaxamos ata SOBER para vivir coa súa xente o "Mes do Amandi" previo á fin de semana grande do 13 e 14 de abril na que celebrarán a XXXIX Feira do Viño de Amandi.. Volve escoitar o programa desde a Oficina de Turismo co alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, e con moitos dos protagonistas que fan da Ribeira Sacra un destino de calidade internacional

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (15-03-2019)

Repasamos a actualidade máis viaxeira e facemos unha primeira parada en Sober para participar nunhas xornadas ornitolóxicas. No tempo da entrevista cruzamos o charco coa cantautora galega Sheila Patricia: acaba de volver de Cosquín (Arxentina). Falamos de gastronomía e cultura en Compostela e Padrón guiados polos contidos do novo número da Revista Pincha que dirixe Rebeca Munín. Rematamos a viaxe en Ferrol para vivir a súa Noite das Pepitas

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (23-03-2018)

Repasamos a actualidade máis viaxeira da semana e recibimos a visita de Carlos Taboada e Quique Mauricio, os mozos de Polo Correo do Vento, que cada fin de mes nos levan de #cuchipanda por Galicia. Polo mundo andaremos guiados por Rubén López, o galego viaxeiro que convidamos á entrevista para percorrer os países dos que fala no seu blog "Caminante del Planeta". Visitamos Meis como destino express e rematamos a viaxe na Feira do Viño de Amandi de Sober

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 06-11-2015

Co repaso pola actualidade do sector turístico comezamos unha nova edición de Gente Viajera de Galicia na que incorporamos á actriz, presentadora e cantante Teté Delgado á nosa familia de galeg@s viaxeir@s. A GUÍA 4x4 con DESTINO GALICIA lévanos de ruta esta semana ata Monforte de Lemos seguindo as pegadas de Manuel María, propónnos comer en Campo Lameiro entre arte rupestre e con carne de caza no prato, e para durmir lévanos ata unha cidade monumental e de cine. Por último, na provincia de Ourense abrimos a nosa axenda de fin de semana.