Temas

ruta 4X4

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 13-11-2015

Comezamos unha nova edición de Gente Viajera de Galicia repasando a actualidade do sector turístico e conversando cun galego viaxeiro: o músico e cantante Davide Salvado que nos presenta o seu disco "Lobos" co que está a viaxar por lugares tan dispares como Canadá ou Bélxica. Coa nosa guía 4x4 ímonos de tapeo ata a cidade de Pontevedra, sacámonos a foto no banco máis bonito do mundo en Loiba (Ortigueira) e faremos parada para durmir a poucos quilómetros para admirar sen presa e con calma a beleza das Rías Altas. Ademais visitamos dúas adegas no norte e no sur de Galicia e marcamos unha completa axenda para gozar da fin de semana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 06-11-2015

Co repaso pola actualidade do sector turístico comezamos unha nova edición de Gente Viajera de Galicia na que incorporamos á actriz, presentadora e cantante Teté Delgado á nosa familia de galeg@s viaxeir@s. A GUÍA 4x4 con DESTINO GALICIA lévanos de ruta esta semana ata Monforte de Lemos seguindo as pegadas de Manuel María, propónnos comer en Campo Lameiro entre arte rupestre e con carne de caza no prato, e para durmir lévanos ata unha cidade monumental e de cine. Por último, na provincia de Ourense abrimos a nosa axenda de fin de semana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 30-10-2015

Comezamos o programa repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana o escritor vigués Pedro Feijoo é o protagonista e con el percorremos Vigo e Barcelona coa súa nova novela como guía. Ímonos de ruta pola provincia de Pontevedra sumándonos ás andainas de outono que organiza o Concello de Marín, comemos na Mariña Lucense escollendo entre 20 restaurantes dentro do "mes da maxia", durmimos no mellor parador de España segundo os usuarios de Tripadvisor: o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, e na provincia da Coruña abrimos a nosa axenda de fin de semana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 25-09-2015

Como cada venres en Gente Viajera de Galicia comezamos repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana convidamos a Dani de la Torre, Borja Pena e Javier Gutiérrez, director, produtor e actor de "El Desconocido. A nosa GUÍA 4x4 lévanos de visita ao Parque Natural da Barosa (Pontevedra), condúcenos ata Compostela para comer no restaurante A Curtidoría, a durmir na Mariña lucense nun hotel de cine como é o Hotel Mi Norte, e a disfrutar do mellor teatro en Ourense con Mamá Cabra e a compañía Sarabela. Ademais marcamos unha axenda cultural e de ocio para disfrutar da fin de semana en toda Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia con Susana Pedreira 18-09-2015

Estreamos nova temporada de Gente Viajera de Galicia repasando a actualidade da semana en materia turística. Inauguramos o espazo de entrevistas cun galego viaxeiro que chega a millóns de persoas en todo o mundo a través das traduccións dos seus libros: Manel Loureiro acaba de publicar "Fulgor" e visitou o noso programa. Viaxamos por Galicia coa nosa "Guía 4x4" buscando resposta ás preguntas de todo viaxeiro: Que visitar?, onde durmir?, onde comer? e que facer?