rodrigo cota

Onda Cero Pontevedra

18/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (18-06-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando con Marcos Rivas desde a organización do Festival "Surfing the Lerez" que este venres e sábado volve celebrarse na Illa das Esculturas. Abrimos tempo de tertulia con Gerardo Lorenzo, María Varela, Rodrigo Cota e Rafa Cabeleira. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios: o escritor Alejandro Palomas é hoxe o protagonista

Onda Cero Pontevedra

16/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (16-04-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e visitando A Estrada para sumarnos ás "Santas Tapas" da Asociación de Comerciantes cumprindo co noso reto de abril: "20 días, 20 destinos de primavera". Abrimos tempo de Tertulia Litoral con Rafa Cabeleira, Rodrigo Cota e Gerardo Lorenzo. Ademais, como cada martes, ampliamos a nosa biblioteca con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

01/02/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (01-02-2018)

Comezamos repasando a actualidade e dando voz á plataforma de veciños "Crematorios Non Pontevedra Leste". Buscamos a predicción do tempo e coñecemos o traballo do Consello Regulador da DO Rías Baixas. No tempo da entrevista convidamos ao escritor, guionista e cronista de Pontevedra, Rodrigo Cota, que mañá estrea no Teatro Principal o documental "Fóra". Ademais, como cada xoves, Carmen Quinteiro conecta textos, cancións e emocións nunha nova entrega de "Xoves de Conto".

Onda Cero Pontevedra

11/07/2016 14:09

Pontevedra en la Onda (11-07-2016)

Facemos balance do elevado número de siniestros nas estradas da provincia (Catoira, Caldas, Silleda ou Marín) do pasado fin de semana coa asociación Stop Accidentes. Volvemos a ocuparnos da situación dos nenos e nenas con diabetes que non poden acceder as salas de cines de Pontevedra pola necesidade de portar mochilas con alimentos e instrumentos para controlar a glucosa. E, no tramo fina, conversamos co preogoeiro das Festas da Peregrina 2016, Rodrigo Cota.