O Grove

Onda Cero Galicia

28/09/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (28-09-2018)

Estreamos nova temporada repasando a actualidade da semana e falando da profesionalización do sector a través da formación co Cluster de Turismo de Galicia. A viaxe express ten como destino o maior bosque de secuoias de Europa que está en Poio. Visitamos Castro Caldelas cunha andaina nocturna e comemos o mellor marisco no Grove. Ademais, como cada último venres do mes, temos cuchipanda con Polo Correo do Vento

Onda Cero Galicia

16/03/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (16-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade da semana e surfeando na Lanzada coa escola Waipia do Grove. Estreamos sección #GaliciaLovers con Cristina Collazo e Pablo Conde desde "Volta Montana". E Santiago de Compostela é un dos destinos protagonistas da tarde con moitas propostas culturais e gastronómicas porque nos visita Rebeca Munín, directora da revista Pincha.

ENTREVISTA EN MÁS DE UNO

28/02/2018 11:37

Nacho Carretero: "La serie 'Fariña' refleja muy bien el fenómeno único del narcotráfico en Galicia"

El autor del libro 'Fariña', Nacho Carretero, comenta en Más de uno qué le parece la serie que esta noche se estrena en Antena 3, 'Fariña', que está basada en su libro: "Es una serie de muy buena calidad". Comenta también qué le ha parecido el secuetro del libro por parte de una juez, y dice que "el secuestro tiene el efecto rebote, pero hay que respetar la decisión de la juez y esperar y aprovechar si esta decisión supone más ventas de libros. También opina sobre si ñe ha sorprendido la nueva detención de Sito Miñanco,"es la prueba de que el narcotráfico gallego sigue vivo".

Onda Cero Galicia

17/03/2017 06:00

Gente Viajera de Galicia (17-03-2017)

Viaxamos por Galicia e polo resto do mundo guiados pola antropóloga física Olalla López Costas, unha galega viaxeira que grazas ao seu traballo tamén viaxa no tempo... Miramos ao mar para coñecer o proxecto dun galego afincado en Valencia: www.boatjump.com, e sobre o mar comemos en Oia degustando a lamprea no restaurante Faro do Talaso Atlántico. A viaxe express deste venres levounos ata o Quinteiro de Temperán no fermoso concello do Grove.

Onda Cero Galicia

10/10/2016 10:04

Gente Viajera de Galicia (07-10-2016) Especial Festa do Marisco en O Grove

Viaxamos ata O Grove para sumarnos á celebración da Festa do Marisco, declarada de Interese Turístico Nacional. Desde o Talaso Hotel Louxo La Toja conversamos cos protagonistas da edición LIII da festa que durante 11 días converte á península Meca na capital do marisco.

Onda Cero Galicia

20/06/2016 14:42

Gente Viajera de Galicia 17-06-2016

A viaxe deste venres lévanos por medio mundo gracias á Sandra Candal, convidada no tempo da entrevista e autora do blog elviajedemivida.es. Con Sandra falamos desde A Coruña, onde acaba de instalarse despois de catro meses viaxando por Asia e Latinoamérica. Repasamos a actualidade do sector, marcamos unha axenda de ocio e festiva e coa nosa guía 4x4 visitamos o Acuario do Grove, comemos no único restaurante con Estrela Michelín na provincia de Ourense, e durmimos a carón do Monte Pindo en Carnota

Onda Cero Galicia

19/10/2015 17:29

Gente Viajera de Galicia 16-10-2015

Como cada venres comezamos o programa repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana reivindicamos o teatro como medio viaxeiro e convidamos a un home de teatro: Javier Veiga, que estrea en Galicia a súa comedia "Amigos ata a morte" despois de xirar con ela por medio mundo. A nosa GUÍA 4x4 lévanos de ruta ata a cima do Monte Pindo en Carnota, condúcenos ata a cidade de Lugo para comer de rúa na primeira feira gastronómica streetfood, durmimos intercambiando casas cos 85 usuarios galegos do portal www.intercambiocasas.com, e na provincia de Pontevedra abrimos a nosa axenda de fin de semana

Onda Cero Pontevedra

08/10/2015 14:17

Onda Cero Pontevedra

08/10/2015 14:17

Pontevedra en la Onda (08-09-2015)

Repasamos a actualidade local e inauguramos temporada de teatro en Pontevedra conversando co actor Cesar Goldi que hoxe súbese ao escenario do Teatro Principal coa obra "O Presidente". No tempo da entrevista recibimos a visita da cambadesa Araceli Oubiña: acaba de subir á cima do Kilimanjaro con catro mulleres máis que superaron un cancro de mama. Visitamos O Grove para convidalos ás xornadas "A cociña do mar" que hoxe organiza EMGROBES e, como cada xoves, temos nova edición de PONTE CALIDADE, esta semana coñecemos á empresa de cervexa artesana Saramagal ubicada en Barro

Onda Cero Provincia de Pontevedra

01/10/2015 12:37

Pontevedra en la Onda 30-09-2015. Especial Festa do Marisco O Grove 15

Desde O Grove para toda a provincia de Pontevedra: edición especial do programa con motivo do inicio da LII Festa do Marisco. Polos nosos micros pasaron o alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos, os responsables de Amegrove, o portavoz do Casino La Toja e o anfitrión do programa, José Luis Padín, propietario da Marisquería A Solaina