Deputación Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

28/12/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (28-12-2018)

Abrimos o programa coa historia de Alba García, a moza pontevedresa que foi excluída das probas da Garda Civil por ser celíaca. Ademais, repasamos a actualidade da semana que despedimos e sumámonos á compostaxe a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Visítanos Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS, buscamos a predicción do tempo e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para rematar o programa.

Onda Cero Pontevedra

04/12/2017 15:01

Pontevedra en la Onda (04-12-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica, ademais de conversar co alcalde de Poio, Luciano Sobral, neste inicio de semana importante para Combarro. Falamos do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e do mundo do motor co noso compañeiro Abel Millán. Como cada luns, poñemos voz ao programa municipal A MEMORIA DAS MULLERES e temos unha nova edición de "Cántamo... en galego!", hoxe escoitamos a SONIA LEBEDYNSKI, a última das convidadas ás nosas entrevistas musicais

Onda Cero Pontevedra

30/11/2017 16:02

Pontevedra en la Onda (30-11-2017)

A actualidade do día levanos ata Bueu e Ponte Caldelas na primeira parte do programa. No tempo da entrevista convidamos á pontevedresa Teresa Pedrosa, delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo. Buscamos a predicción do tempo e, como cada xoves, falamos de compostaxe e de saúde: o oftalmólogo Álvaro Villoria é hoxe o experto convidado ao noso espazo semanal

Onda Cero Pontevedra

27/11/2017 16:22

Onda Cero Pontevedra

27/11/2017 16:22

Pontevedra en la Onda (27-11-2017)

Comezamos a semana falando de orzamentos e do programa municipal Namorando. Abrimos espazo para a compostaxe coñecendo o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Como cada luns poñemos voz ao proxecto municipal A MEMORIA DAS MULLERES e abrimos espazo de motor con Abel Millán. E, nunha nova edición de "Cántamo... en galego!", coñecemos as novidades musicais que nos deixa esta última semana de novembro