Temas

cuestionario politico

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (30-10-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día e entrevistando ao economista Juan Carlos Múñoz para coñecer as novidades fiscais recollidas no proxecto de Orzamentos da Xunta para 2020. Visítanos o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís e, como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos locais: Pepa Pardo, concelleira e deputada do PP, é hoxe a convidada. Completamos o programa coa visita de Rena Ortega para rematar entre dúas augas.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (09-10-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista coa conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, e sometemos ao noso cuestionario persoal ao concelleiro pontevedrés Guillermo Juncal. Ademais, falamos de compostaxe da man da Deputación de Pontevedra e do seu "Plan Revitaliza" e completamos o programa coa visita de Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (02-10-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e nova información sobre o plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, hoxe sometemos ao noso cuestionario persoal ao concelleiro socialista Iván Puentes. Rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega.