Día Internacional dos bosques
A Xunta conmemora o día internacional dos bosques con plantacións de especies autóctonas
As especies escollidas para as forestacións -que se promoven en colexios ou asociacións- son o carballo, o castiñeiro, a abeleira, o ameneiro, o salgueiro, o freixo, o capudre, o espiño e o sabugueiro
A Semana forestal impulsada polo Goberno galego culminarase o sábado cunha plantación na Ínsua dos Poetas do Carballiño, tras levar a cabo outras en puntos como a localidade pontevedresa de Moraña ou a lucense de Begonte