Temas

bandas de música

Máis de Un Pontevedra

Cántamo en galego 19/12/2022

Neste luns no Cántamo ...en galego! escoitamos as novidades de Mou "Saudando á saudade" en colaboración con moitos artistas, a De Vacas con "Titanic Nunca Máis", Monoulious Dop con "Tie eu" e finalizamos con Loita Amada e "Quero"

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 12/12/2022

Todos os luns comezamos con ritmo da música feita en Galicia en galego. Hoxe escoitamos a Loita Amada, o novo de Guadi Galego con Penélope e finalizamos con banda sonora de "O Home o can" de Pauliña titulada "Tan tan"

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 05/12/2022

Todos os luns poñemos ritmo con artistas galegos cantando en galego. Hoxe escoitamos a Rodrigo Ramos con "Claustrofobia", Mallou con "Bos amores". Finalizamos con O Rabelo e Eva Outeiro que colaboran en "Rumba do Pam", producida por Petrowski.

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 14/11/2022

Para comezar a semana necesitamos o ritmo de Cántamo...en galego!!! O que escoitamos son todas novidades do panorama musical galego. Comezamos ca canción "A Virxe Do Portovello" con Tanxugueiras e Rozalén. A continuación facemos soar "Avelaneiras Frolidash" de LaMontagne e PicoAmperio, seguimos con Catuxa Salom e o seu tema "Chicharras". Finalizamos con SÉS e "Para cando eu morra"

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 14/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando coa madriña da Gran Recollida de Alimentos deste ano, Alba Lago. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán. Como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 07/11/2022

Para comezar a semana necesitamos o ritmo de Cántamo...en galego!!! Hoxe facemos soar o novo de Monoulious DOP con "Sábado", continuamos co descubrimento de Noelia Perpetuo e o tema "Nós" e do grupo Bonhomía, formado por Carolina García e Pablo Araújo con" Caixa de cartón", ambos participaron no certame infantil e xuvenil de Quero Cantar que promociona a Deputación da Coruña.

ONDA CERO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 31/10/2022

Escoita a sección musical de "Más de Uno Pontevedra". Centrámonos na festa do Samaín e por iso fixemos unha escolma de diferentes estilos musicais de bandas e artistas galegos que cantan sobre esta festa tan particular, ademais facemos soar "Cantan as balas", un adianto do último de SES, xa que o 25 de este mes presenta novo disco “Diante un Eco”

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 24/10/2022

Como cada luns, compartimos música e talento neste espacio musical e escoitamos a Antía Muíño con "Canta, miña compañeira", a banda de Néboa e so seu tema " A vida que me chega", continuamos con Berto e "Bágoas de cocodrilo" e finalizamos con Grande Amore.