Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 02/12/2020

Programa completo 02/12/2020

Manola Porto

Monforte de Lemos | 02.12.2020 14:30 (Publicado 02.12.2020 14:28)

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" hoxe falamos con Alberto Díaz Losada, un dos promotores de RapiRent. O turismo como eixo de desenvolvemento será analizado nunha xornada organizada pola ONG Entreculturas e da que falamos con Francisco Almuiña, presidente da Asociación Ribeira Sacra Rural. Conversamos con Xurxo Martínez, da Asociación de Veciños de Vilachá que reivindican unha variante do Camiño de Inverno. O BNG reclama a posta en marcha dunha UCI no Hospital Comarcal de Monforte. Falamos da iniciativa coa deputada Carmen Aira. E conversamos tamén co voceiro do grupo provincial do PP Javier Castiñeira.