Temas

Caldas de Reis

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 10/04/2024

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando co tenente de alcalde de Caldas de Reis, Manuel Fariña, para vivir con eles a Festa da Primavera. Buscamos a información do tempo para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Ademais, falamos de ciencia e investigación con Antón Pérez, responsable técnico de Pontenciencia e Pablo Otero, científico do Centro Oceanográfico de Vigo.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 15/03/2024

Repasamos a actualidade de Pontevedra e comarca, con titulares relevantes: a deputación de Pontevedra mantén o convenio de máis de dous millóns de euros para investir en proxectos previstos na capital. Tamén, revisamos o programa da sétima edición do foro 'As mulleres que opinan son perigosas' cunha das súas promotoras, a xornalista Diana López, que se celebra no Teatro Principal. Analizamos coa asociación Boa Vida a situación do traballo informal das mulleres en ocupacións como os coidados e o fogar que afecta a un gran número de inmigrantes. Facemos unha parada en Caldas de Reis onde se desenvolve unha iniciativa de recollida de residuos no marco do programa 'Mares Circulares' de Coca-Coca. Conversamos co escritor Perfecto Souto sobre a súa nova novela titulada Clarisa, centrada no escenario do convento de Santa Clara. E, ademáis, descubrimos o programa da Festa da Ostra gracias a Manu Lorenzo, alcalde de Soutomaior.

ENCUENTROS EN EL HOTEL RÍAS BAJAS

Caldas, capital do trail running internacional

O día 21 de abril celebrase no concello de Caldas a primeira edición da 'Trail Laxe dos Bolos’. Esta proba atopase no calendario oficial ITRA – Axenda internacional de carreiras de trail running-, ademáis, é puntuable para o ranking galego.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 02/02/2024

Abrimos o programa coas novas do día neste primeiro día de campaña electoral e coversando co tenente de alcalde de Caldas de Reis, Manuel Fariña. Buscamos a previsión metereolóxica e convertemos a radio nun conto sen papeis en compañía de Carmen Quinteiro. Ademais, como cada venres, completamos o programa cunha completa axenda cultural e de ocio para gozar da fin de semana.

Alcalde de Caldas – Almorzo Rías Bajas

Juan Manuel Rey augura un gran mandato para a vila do Umia

O rexedor socialista de Caldas, tras materializar un pacto co BNG, cree que este ciclo político de catro anos será moi frucifero para o concello coa construcción do novo centro de saude ou ampliación do instituto.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 29/08/2023

Revisamos as novas do día. Saimos a rúa para preguntar pola situación actual da vivenda. No noso habitual almorzo informativo, de todos os martes no Hotel Rías Bajas, conversamos con Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas. Consultamos o tempo a Meteogalicia, coa vista posta no fin de semana e a celebración da Feira Franca. E, a recta final do programa, aproveitamos para descubrir libros, novos e non tan novos, con Adriana Otero.