José Miñones, delegado do Goberno, na Brújula de Galicia
Entrevista na Brújula de Galicia de Onda Cero unha semana despois do colapso do viaducto da A6. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, explica que «desde o primeiro día estamos traballando con grandes medios técnicos» e insiste en que o prioritario é garantir a seguridade na zona. Descarta a creación dunha comisión ou grupo de traballo, tal e como solicitan desde a Xunta e o BNG.
No programa Miñones tamén adianta os aspectos fundamentais da campaña de tráfico de cara ao verán. Nas últimas horas houbo reunión da Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria.