Temas

cultura galega

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra na Onda (especial Maio Mes da Lingua)

Neste podcast podes volver escoitar o programa especial desde o IES Valle Inclán de Pontevedra con motivo de "Maio, mes da lingua". Hoxe, da man da Concellería de Normalización Lingüística e con Antonio Fraguas como fío condutor, as protagonistas son a comunidade escolar, as nosas letras e a nosa lingua.

Cántamo en galego

Budiño: "Nin a miña familia sabía que eu cantaría no meu novo disco"

Un dos nosos músicos máis internacionais, Xº Manuel Budiño acaba de publicar novo disco titulado "Fulgor" e convidámolo aos encontros de "Cántamo... en galego". Nesta ocasión volvemos á Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.