Temas

poio

Máis de Un Pontevedra

Poio leva a Illa de Tambo e a Casa Museo de Colón a FITUR

Falamos coa tenente de alcalde e responsable de Turismo de Poio, Silvia Díaz, para coñecer a participación de Poio no que é un dos grandes eventos de referencia no sector a nivel internacional. Díaz cóntanos que Poio estará novamente presente formando parte do stand da Red de Pueblos Mágicos de España, da que forma parte Combarro desde 2019. Ademais, dentro do material promocional que Poio ofrecerá en FITUR destaca a difusión dos espazos naturais de Poio e como novidades os folletos informativos da Illa de Tambo e da Casa Museo de Colón.

Máis de Un Pontevedra

"Ecoinnova Poio": un programa de asesoramento para mellorar o aforro enerxético entre a cidadanía

Convidamos ao concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo de Poio, Gregorio Agís, para coñecer o programa Ecoinnova Poio, unha iniciativa pioneira no concello que ten coma obxectivo mellorar e optimizar o aforro enerxético, incidindo na innovación sostible. Tamén nos acompañan Mariem Filgueira, de Sherpa Empresarial, encargada de desenvolver este programa, e o asesor enerxético Diego Padín. Anotamos en axenda as dúas sesións grupais que se celebrarán os días 14 e 20 de decembro ás 20.00 horas, no Casal de Ferreirós e no Centro de Formación da Reiboa. Máis información na web www.ecoinnovapoio.gal.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 06/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica de Poio, Gregorio Agís. Buscamos a previsión metereolóxica e retomamos a nosa cita dos xoves con Rodrigo Cota. Ademais, visitamos Silleda para coñecer os seus plans este Nadal no que renuncian á iluminación. Completamos o programa tomando a última antes de marchar cos amigos e amigas de "De vella a bella".