Temas

Odna Cero Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (04-05-2018)

A viaxe deste venres lévanos desde Compostela ata Xapón: pola capital galega andamos buscando cultura e gastronomía coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín, e ata Xapón nos leva o galego viaxeiro que convidamos á entrevista, Amir García levaba 11 anos sen volver ao seu Vigo natal. Visitamos o Castelo de Soutomaior días antes de reabrir ao público e acabamos apuntándonos á gala dos Premios Martín Códax da Música.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (15-12-2017)

Viaxamos por Galicia facendo paradas en Cambados e Vilagarcía para comer na Fonte do Viño e divertirnos nunha nova edición de Fexturrón. Escoitamos os "Murmullos entre maletas" de Ana Otero, que este venres nos leva ata os mercadiños de Nadal de Alemaña. E, compensamos o frío xermano coa calor de Río de Janeiro: ata Brasil nos leva o cantautor Gustavo Almeida

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-11-2017)

Visitamos as provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña para percorrer a Ruta do Viño Rías Baixas, descansar nun entorno natural único no Bosque da Fervenza e desfrutar das citas musicais que ofrece Compostela esa fin de semana. De viaxe polo mundo andaremos con dúas galegas que aparcaron as súas vidas oficiais durante un ano para vivir entre Myanmar, India e Nepal: Miriam e Marta volveron, despois dun ano, facendo a ruta francesa do Camiño de Santiago