Cultura
A Deputación colabora nun taller para guionistas e produtores do audiovisual galego
A iniciativa forma parte dun programa máis amplo coñecido como European Writers Club (EWC), que ten como obxectivo fomentar a colaboración entre guionistas, produtores e responsables de contido de cadeas de televisión e plataformas para crear series de ficción con proxección internacional.