Temas

noticias turísticas

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 08-04-2016

Este venres percorremos Galicia desde a costa ata o interior para visitar unha das localizacións da película de Almodovar que se acaba de estrear: ARES será o lugar escollido. Deixamos a costa da Coruña para comer no interior da provincia de Lugo buscando unha das mellores fabadas do mundo, a que se cociña no Bar Plaza de Monforte de Lemos. Para durmir subimos ata 2000 metros de altura e descansamos no primeiro Hotel Starlight de Galicia: A Aira da Petada no concello da Veiga, coa Pena Trevinca ante nós. E de viaxe fóra de Galicia ímonos co actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila, que acaban de volver de Edimburgo e estrean novo espectáculo, "Menú da Noite".

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 01-04-2016

Na viaxe desta semana chegamos ata a cidade china de XIAMEN guiados por un arquitecto galego, visitaremos os lugares máxicos do Camiño de Santiago a través de fotos e relatos (www.1000caminos.com), comeremos as OSTRAS en Arcade (Soutomaior) e durmiremos nunha pousada a pé dun castelo e rodeada de xardíns. Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade da semana e marcamos unha AXENDA cultural e de ocio

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 18-03-2016

Comezamos repasando a actualidade do sector turístico e conversando cunha galega viaxeira: a alpinista Chus Lago. Coa nosa guía 4x4 visitamos a cidade de Ourense para celebrar cun baño termal o Día Mundial da Auga (22 de marzo), comemos receitas con camelia na LII edición do concurso/exposición da camelia en Pontevedra, e durminos nunha aldea de tres casas convertidas en hotel en Camariñas. Ademais, como cada venres, marcamos axenda cultural e de ocio en Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 11-03-2016

Comezamos repasando a actualidade do sector turístico e conversando cun galego viaxeiro: Ramón Huidobro, director xeral do Consello Regulador da DO Rías Baixas. Coa nosa guía 4x4 visitamos o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro, comemos as uñas na Taberna da Feira en Compostela para celebrar a festa de San Lázaro, e durminos no Hotel Piornedo aproveitando a fin de semana de sol con neve nos Ancares. Ademais, como cada venres, marcamos axenda cultural e de ocio en Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 26-02-2016

A pesar do temporal ímonos de viaxe por Galicia visitando a Costa da Morte para descubrir "O Camiño dos Faros", comeremos na cidade de Lugo estreando carta no restaurante Paprica do chef Alvaro Villasante, e durmiremos nun dos concellos protagonistas da semana co anuncio de fusión: Cerdedo, alí visitamos a pequena aldea de Pedre e a casa A Florinda. O galego viaxeiro que nos acompaña no tempo da entrevista é o campión de España de baile deportivo, Adrián Esperon. Ademais, repasamos a actualidade da semana e completamos a viaxe con propostas de ocio para a fin de semana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (19-02-2016)

Coas primeiras neves deste 2016 imos ata Manzaneda para durmir nun fermoso pazo a 15 minutos da estación de esquí, comemos o petote en Cotobade e comezamos a Ruta da Camelia no Pazo de Mariñán (Bergondo). O galego viaxeiro que nos acompaña no tempo da entrevista é o xornalista e escritor, Manuel Rivas, co que cruzamos o charco visitando Bos Aires e seguimos a estela dos seus libros traducidos a máis de 30 idiomas. Ademais, repasamos a actualidade da semana e completamos a viaxe con propostas de ocio para a fin de semana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 29-01-2016

Repasamos a actualidade do sector turístico e entrevistamos a unha galega viaxeira: Luisa Márquez, mestra e coordinadora das Rede Galega de Escolas da UNESCO. Coa noso guía 4x4 emprendemos ruta con DESTINO GALICIA visitando Verín, comendo en Cuntis e durmindo en Compostela. Ademais, como cada venres, completamos a viaxe cunha AXENDA cultural e de ocio

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 15-01-2016

Na viaxe deste venres ata cambiamos de continente: o vigués Oscar Bruzón lévanos ata a India, onde leva 4 anos vivindo e traballando como director técnico e asistente de adestradores de fútbol. Coa nosa guía 4x4 volvemos a Galicia para visitar o Faro Vilán en Camariñas, inaugurar o Mes do Cocido en Lalín, e durmir nun dos lugares de paso de La Vuelta Ciclista 2016 pola provincia de Ourense, Ribadavia. Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade do sector no noso noticiario turístico e completamos con propostas de ocio a axenda de fin de semana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 11-12-2015

Esta semana visitamos Ourense guiados polo seu alcalde, Jesús Vázquez, o noso convidado no tempo da entrevista. Repasamos a actualidade do sector turístico e coa nosa guía 4x4 facemos parada na Comarca de Quiroga coñecendo o seu patrimonio xeolóxico, comemos en Pontecesures na súa ruta de tapas da matanza, durmimos en Fisterra a pé da praia Langosteira no hotel con mellor reputación de Galicia segundo os usuarios de trivago.com. Ademais, como cada venres marcamos unha completa axenda para gozar da fin de semana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 04-12-2015

Comezamos repasando a actualidade do sector turístico e conversando cun galego viaxeiro: Xoel López que nos presenta o seu último disco "Paramales" e nos leva ata o outro lado do charco. Coa nosa guía 4x4 visitamos a cidade de Lugo para celebrar o XV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, comemos en Manzaneda convidados ás xornadas de promoción do porco celta, faCemos parada para durmir en Pontevedra sumándonos ás actividades do Culturgal, e marcamos unha completa axenda para gozar da fin de semana