10/02/2022
Celso Carnero, responsable CCOO Industria en Vigo

Barreras e Vulcano están en venta. Dous estelairos que forman parte da historia do naval de Galicia viven con incertidume o seu futuro máis inmediato. As perspectiva son máis optimistas no caso de Barreras.
Son tres as ofertas que hai para comprar Barreras, dous delas de estaleiros plenamente consolidados e con importante carga de traballo como Armón e Gondán.
Da antiga Vulcano apenas quedan os terreos e a utilización dos mesmos debe autorizala o porto de Vigo. Só se presentou ata o momento unha oferta, as perspectivas son peores para este estaleiro de Teis. Aínda así, dende CCOO Industria, ven con optimismo o futuro de ambos estaleiros. En Noticias Onda Cero Vigo falamos do futuro de parte da historia de cidade.
.
Temas
- Onda Cero


